miércoles, 24 de octubre de 2012

A vellez comeza cando dicimos que nunca antes nos sentíramos tan novos.



Ola de novo! Velaquí a nosa segunda entrada.
Hoxe, gustaríanos falar da vellez en si, porque á fin e ó cabo cando nos descoidemos comezarán a sairnos arrugas, perderemos certas facultades... en fin! Farémonos vellos! Pero, dende logo, gañaremos moita experiencia, porque o que vivimos ata este momento non é nada co que nos queda por vivir, e está ben seguir os consellos dos máis maiores porque despois de todo son os que saben da vida.


"Cando envellecemos, a beleza convértese nunha calidade interior."



Aceptamos este grupo porque coidar da xente maior parécenos unha bonita obra, satisfácenos moito saber que os anciáns están no asilo esperando ó xoves a que veñamos nós e que, ó chegar aí se contenten tanto!
Que Celia espere polas piruletas que lle dá Bárbara, as perrenchas de Asunción porque non lle quere ben ós de abaixo, a Enedina que nunca recorda o que comeu o día anterior (e iso que lle dicimos que o apunte!)... e moitos máis detalles!
Mañá imos traer esmalte de unllas para poñelas todas "trendy" e, a ver que tal o pasamos!


 Para estarmos no segundo mes do curso xa lle collimos moito cariño a algunhas señoras! Outras fanse de rogar... Pero pronto as conquistaremos!

Saúdos!

jueves, 18 de octubre de 2012

Hola a tod@s!!!!!

       Benvid@s a tod@s ao noso blog!! Somos Nerea, Águeda, Ana, Sandra, Cristina e Damián, os integrantes do grupo que coordina e traballa nas actividades que se van facer durante todo o curso co asilo de Caldas de Reis. O noso traballo consiste en ir preparando e propoñendo diferentes actividades a facer cos anciáns e anciás e tamén ir mostrado todas as que se van facendo e os resultados que van tendo. Así que sin máis dilacións esperamos que nos axudedes e colaboredes con nós nesta actividade e nos aportedes as vosas ideas, ben con comentarios no blog ou persoalmente, para facer máis dinámico o exercicio.