viernes, 23 de noviembre de 2012

Un bo día de Sol!

Hola de novo a tod@s! Unha semana máis, despois das nosas visitas ao Asilo, a xunto de quen poderiamos considerar os nosos amigos e amigas, queremos deixar unha pequena reseña de todo o que estamos conseguindo con esta actividade semanal.
O pasado xoves 15, aproveitando que o sol brillaba en abundancia e as temperaturas exteriores eran moi agradables decidimos saír ao patio do Asilo a darlles un paseo aos nosos maiores, tanto mulleres como homes, e que respirasen un pouco de aire puro. E ao parecer foi unha experiencia moi bonita e que lles gustou moito, pois víaselles un sorriso de orella a orella, dentro do que cabe. Para que as palabras non caian en saco roto, aquí van algunhas imaxes do que ese día pasou:







E ben, todo isto foi o xoves 15, pero onte volvemos a visitar aos nosos amig@s, e por parte de algúns mozos como por exemplo Manuel, Daniel, David, Yeray e Marcos; levouse a cabo unha iniciativa que gutos moito, pois eles que habitualmente se relacionan cos homes, quixeron integrarse máis e visitar tamén ás mulleres, as cales quedaron moi contentas coas súas visitas. A para rematar a mañá, ademáis da visita dos rapaces, na enfermería de mulleres tiñamos a unha amiga nosa qu cumpría 91 anos (a que aparace na foto con Ana Campos) a cal quedou moi contenta con que lle cantaramos o cumpreanos feliz ao mesmo tempo que recibía unha tarta que lle traía unha sobriña dela que a visita a miúdo.
Dende a perspectiva do noso grupo, que levamos este tema do Asilo, pensamos que se están conseguindo bastante ben os obxectivos que pretendiamos acadar; pois tendo en conta que ao principio de curso, antes de comezar coa actividade podiamos ter un concepto do Asilo como un lugar no que tratan aos anciáns de mala maneira, as condicións dos que alí están internos non son moi boas, que son persoas que non quere falar con ninguén...; pero en cambio estamonos dando conta de que é todo o contrario, e que todos o prexuízos que tiñamos están desaparecendo, e que incluso agora parece que xa estamos desexando que chegue o xoves para que, sen nós facer demasiado esforzo, simplemente con falar un pouco con eles ou darlles unha mínima mostra de afecto cunha simple caricia na man, o ledos e ledas que se poñen, iso non ten prezo.

miércoles, 7 de noviembre de 2012

Comezamos coas actividades!

Hola !
Co avance do curso , as relacións e actividades coas persoas maiores no asilo van mellorando.
As mulleres sobre todo , permítennos manter conversacións con maior confianza  e realizar unha maior amplitude de actividades  , os homes pola contra , preséntanse máis reservados polo que non nos é tan doado a proposta de actividades para eles.
Supoño que unha persona que traballou moito durante a vida para poder ter unha familia , unha casa  e unha boa vida cando é maior e  dependente e se ves nun lugar así non lle é facil manter contacto con persoas adolescentes que non coñecen de nada .
Nós intentamos poñer todo pola nosa parte para poderlle amenizar esa hora á semana que imos de visita alí, por iso temos propostas unha serie de actividades como por exemplo un bingo , xa que é un xogo fácil tradicional e moi entretido ; tamén pensamos en levarlle revistas ás mulleres para que se  enteren da actualidade e así  facer que se evadan da vida no asilo . Como todas as mulleres , as señoras do asilo tamén son moi coquetas ,polo tanto, tamén pensamos en levar peites , espellos , pintauñas , pinzas e todo tipo de accesorios de beleza para facelas sentir máis rexuvenecidas e para que se preocupen pola súa apariencia que é moi importante.
Para os homes , pensamos en realizar quinielas , xa que o fútbol e a gran debilidade de moitos e por suposto tamén estarían incluídos na actividade do bingo ;  no lugar da actividade relacionada coa beleza nas mulleres , para eles , pensamos en xogos como por exemplo  a petanca ou as cartas e para informalos da actualidade levaremoslle o xornal , que seguro que a moitos lle interesa.





Mañá , xoves 8 , poñeremos a proba algunha destas actividades que esperamos que sexan ben acollidas e que lles gusten xa vos contaremos como foi!


Un saúdo.