domingo, 20 de enero de 2013

Proxecto "Ensinando e Aprendendo". DÍA 1

       Moi boas de novo a todas e todos. Despois destas vacacións de Nadal volvemos de novo con gañas de facer novas actividades e compartir cousas novas cos nosos anciáns e anciás do asilo. E de feito comezamos  cunha activade ou proxecto novo que consta de dividirnos en grupos e facer diferentes actividades coas dúas enfermerías e salas de mulleres e homes, respectivamente. 
     O pasado xoves 17 xa comezamos con elas. Dividímonos en catro grupos e distribuímonos dous nas enfermerías e os outros dous na sala de abaixo; e dependendo dun lugar ou outro tiñaos asignadas diferentes  actividades. Pero ocorreu que agunhas das actividades que estaban programadas para certas persoas, ou ben non as podían realizar porque non sabían ler ou escribir, ou ben porque as súas capacidades eran superiores ás que se pedían para realizar esas actividades.
     No caso do grupo que nos tocou ás rapazas que levamos a actividade esta do Asilo, déronse diferentes situacións. Por unha parte había algunhas mulleres que nos dixeron textualmente "Pero vos pensades que somos parvas?" porque as actividades que estabamos reaizando con elas non eran nin complexas nin de moito pensar; pero ao dividirnos en grupos a nós mandáronnos a xunto dunhas mulleres coas que nunca estiveramos e non coñeciamos, e de aí que non souberamos como tiñamos que actuar. En cambio, por outra parte, outros grupos de mulleres, entre as que estaban por exemplo Conchita, responderon moi ben ás actividades, e no caso de Conchita, a do "Toca-Toca" foi todo un éxito. Por iso, debido a que o noso grupo coñece moito mellor as facultades do grupo da enfermería, para o próximo día iremos nós para arriba e faremos as actividades segundo as capacidades de cada unha, xa que as coñecemos moito mellor; e incluso ao mellor poderemos incluír actividades que non están no proxecto pero que nós vexamos que poderían ser moi interesantes. Así que, con todo isto, esperamos que o próximo día nos volva a ir moi ben e poidamos compartir de novo no blog a nosa experiencia! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario